RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Deportivistas, xa podedes volver entrar en ABANCA-RIAZOR usando os vosos carnés!

Despois de 20 meses sen poder usar a chave persoal de #anosacasa que ten cada socia e socio do Dépor, por fin poderase volver entrar en ABANCA-RIAZOR co carné, co abono do Dépor 21-22, sen necesidade de retirar ningunha entrada. As persoas abonadas poderán ademais volver sentarse na súa localidade de sempre, rodeado por esa gran familia que son todos os Deportivistas que os acompañan na súa bancada para ver cada partido de #osnosos.

Por iso, para o partido do sábado ás 19:00 h. contra a UD Sanse non hai que facer máis nada que levar o carné, unha máscara e acceder polas portas sinaladas en cada abono para volver vivir unha experiencia en ABANCA-RIAZOR case idéntica ás que o Deportivismo leva toda a vida gozando.

Entradas á venda para público con prezo especial para socios

Para este partido, ademais de recuperar os accesos con carné ao Estadio, recuperaremos tamén a venda de entradas para público. Os prezos para o público oscilan entre os 28 euros da Tribuna Superior e os 8 de Pavillón Inferior, pero todos os socios e socias do Dépor dispoñen dunha oferta para comprar até 4 entradas por carné, con prezos que van dos 8 aos 4 euros en función da bancada (Esgotada Marathón Inferior).

Se se quere ir ao Estadio acompañado por outros Deportivistas que non son socios, esta é unha boa oportunidade. As entradas poden comprarse seguindo o mesmo método que se veu utilizando nos últimos partidos en ABANCA-RIAZOR.

Máis información sobre prezos e método de compra de entradas de público con prezo de oferta para socios, aquí.

Deportivista, xa sabes, só co teu carné e unha máscara ¡Vémonos o sábado en #anosacasa!