RCD / NOVAS

Desde esta temporada, as entradas para ABANCA-RIAZOR, no teu móbil ou impresas en casa

12/08/2019 19:06

ABANCA, patrocinador do Real Club Deportivo e provedor do servizo de venda de entradas online do Club, implantou, para o comezo desta temporada, o sistema print at home que permitirá a todos os Deportivistas e afeccionados que compren entradas online para ABANCA-RIAZOR, evitar o paso por despacho de billetes antes de cada partido.

Desde hoxe, todos os que compren entradas para cada partido que o Deportivo dispute como local en www.rcdeportivo.es/entradas, recibirán no seu dispositivo móbil, un pdf coa entrada que acaban de adquirir.

A partir de aí o afeccionado ten dúas opcións:

- Acceder con ese pdf ou unha imaxe do mesmo no seu teléfono móbil, a través da lectura do código QR da parte dereita da entrada
- Imprimir a entrada e acceder co papel, a través da lectura do código de barras da parte esquerda da entrada