RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Devolución do importe das entradas do Dépor-Sporting a partir do luns 16

O Real Club Deportivo determinou a devolución, unicamente na Oficina de Atención ao Deportivista e en efectivo, do importe das entradas vendidas para o Deportivo-Real Sporting e que daban acceso ao encontro do próximo sábado ás 21:00 h. en ABANCA-RIAZOR, que LaLiga determinou que debe xogarse a porta pechada.

A devolución farase a partir do luns 16 de marzo e até o venres 17 de abril, no horario habitual da Oficina: de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. presentando as entradas orixinais.

A OAD si abrirá o sábado 14, en horario de 16:30 a 21:00 h. pero unicamente para a acreditación de accionistas de cara á Xunta Xeral Extraordinaria da próxima semana.