RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Didier Moreno, sen minutos onte á noite no triunfo de Colombia ante Costa Rica

- Foto: @FCFSeleccionColPage -

Didier Moreno foi convocado por primeira vez na súa carreira profesional pola selección nacional de Colombia para dous partidos amigables.

O segundo encontro de Colombia foi ante Costa Rica onte martes 16 de outubro (esta pasada madrugada en España) no Red Bull Arena de Harrison (Estados Unidos).

Gañaron os colombianos (3-1) nun choque no que Didier Moreno esta vez non tivo minutos de xogo.

O pasado xoves 11 de outubro no Raymond James Stadium de Tampa (Florida), Colombia enfrontouse a Estados Unidos.

Neste choque, que se saldou tamén con triunfo 'cafetero' (2-4), o deportivista viu cumprido o soño de calquera futbolista profesional, debutar coa súa selección. O mediocentro branquiazul saltou ao campo no minuto 82 en substitución ademais de James Rodríguez, autor do primeiro tanto do encontro.

Didier Moreno emprende hoxe mércores viaxe de regreso á Coruña.