RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Villares e Borja Granero entran na recta final da súa recuperación

Diego Villares e Borja Granero entran na fase final da súa recuperación. O mediocentro completou esta mañá a habitual sesión post-partido cos xogadores que non actuaron de inicio en Fuenlabrada, a base dun quecemento, un xogo de posición e fútbol reducido para concluír.

Pola súa banda, o central branquiazul realizou con normalidade as primeiras tarefas e despois continuou o resto da xornada co readaptador, Álex Canosa; do mesmo xeito que os titulares o pasado domingo no Estadio Fernando Torres.

Agora, os Servizos Médicos comprobarán ao longo da semana se Diego Villares e Borja Granero están en condicións de entrar na lista de convocados para recibir ao Córdoba CF en ABANCA-RIAZOR o sábado 3 de decembro ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv), en partido correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Mañá mércores, #OsNosos están citados de novo ás 9:00 na Cidade Deportiva para saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.