RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dominio total dun Fabril resolutivo a balón parado ante o UD Ourense

O Fabril dominou de principio a fin en Abegondo (3-1) o seu partido ante o UD Ourense correspondente á 11ª xornada no grupo 1º de Terceira División.

O filial deportivista dispuxo de innumerables oportunidades pero resolveu o choque a balón parado, con dous penaltis materializados por Aarón Sánchez e Mario Losada; e 1 falta anotada por Iago Parga.

O encontro deixou ademais o debut coa camiseta branquiazul de Youssouf Yalike, un mediocentro costamarfileño de 20 anos fichado recentemente para esta temporada e a próxima. Saltou ao campo no minuto 86 en substitución de Javi Sánchez.

Despois da súa 3ª vitoria consecutiva e 5 partidos seguidos sen coñecer a derrota, xa con 21 puntos sumados, o Fabril instálase no grupo de cabeza na táboa.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Mujaid, Parga, Kanouté, Javi Sánchez, Aarón Sánchez, Mario Losada, Gandoy e Pedro. Tamén xogaron: Youssouf Yalike, David Sánchez e Novo.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao CD Estradense.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1