RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Empate con sabor a triunfo do Orzán SD Xuvenil Feminino no campo do líder, o Sárdoma CF B

Sárdoma CF B e Orzán SD Xuvenil Feminino xogábanse o liderado da Primeira Autonómica en Vigo, en partido da 12ª xornada.

As viguesas chegaban ao partido con 1 punto de vantaxe na clasificación sobre as orzanistas e ademais puxéronse moi pronto en vantaxe no marcador con 2 goles nos primeiros 18 minutos de xogo.

Pero o equipo que dirixe César Conde tirou de estratexia e con dúas accións a balón parado, Abril Pazos e Uxía López puxeron o empate no marcador e asinaron unha merecida repartición de puntos entre os dous grandes aspirantes ao título.

Así pois, o Orzán SD Xuvenil Feminino segue 2º na clasificación con 28 puntos, a 1 punto do Sárdoma CF B, líder con 29.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Daniela Agilda, Uxía López, Elena Vázquez, Antía Brage, Sara Cercido, Abril Pazos, Ivana Fernández, Ana Capelo, Laura Santos e Noe Gómez. Tamén xogaron: Noelia Furelos, Lucía Rivas, Martina Rivas, Iria Otero e Macarena González.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Xuvenil Feminino recibe na Coruña á SD O Val.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Feminino son os seguintes:

Victoria FC B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Elena Vázquez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - Atlético Arousana 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Laura Santos, Ana Capelo e Elena Vázquez -2-) - CF Noia 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Noe Gómez -2-, Sara Cercido, Maca González, Laura Santos -2- e Lucía Rodríguez) - SDCyR Narón Freixo 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo, Elena Vázquez e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Ana Capelo e Macarena González) - SD Antas 0
Tomiño FC Feminino 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Elena Vázquez, Daniela Agilda, Lucía Rivas -2-, Emma Gandoy e Macarena González -2-)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Noe Gómez, Laura Santos e Daniela Agilda) - Victoria CF B 0
Escola FB Amistade 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 6 (Ivana Fernández, Noe Gómez, Laura Santos -3- e Paula Sánchez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Sara Cercido) - CD Lugo 1
Sárdoma CF B 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Abril Pazos e Uxía López)