RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Empate no único partido disputado esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Os adiamentos dos partidos desta fin de semana en Abegondo do Fabril ante o Silva SD, do Xuvenil A ante o CD Conxo Santiago, e do Xuvenil B fronte ao Racing Villalbés deixaron en #ANOSACANTEIRA un só encontro en disputa. Foi o do Deportivo ABANCA B, que amarrou en Abegondo un punto (1-1) ante o potente Viaxes InterRías FF.

Para os demais equipos, será agora o Xuíz de Competición o que fixe unha nova data para a súa celebración, "o máis próxima posible no tempo".

Así pois, os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Subgrupo A, 14ª xornada: FABRIL - SILVA SD, aprazado

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 9ª xornada (xogado o martes 19): VICTORIA CF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Eva Dios)
11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Sara Álvarez) - VIAXES INTERRIAS FF 1

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 12ª xornada: XUVENIL A - CD CONXO SANTIAGO, aprazado

Liga Nacional, subgrupo A, 7ª xornada (xogado o mércores 20): XUVENIL B 3 (Canales, Diego Gómez e Martín Ochoa) - VICTORIA CF 0
10ª xornada: XUVENIL B - RACING VILLALBÉS, aprazado