RCD / NOVAS

Emre Çolak admite que en Barcelona "temos que correr máis en defensa"

14/12/2017 20:44

Emre Çolak foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo. É consciente o futbolista turco da dificultade que entraña a visita ao FC Barcelona deste domingo 17 de decembro no Camp Nou (20:45 horas, Movistar Partidazo): "Imos tentar o mellor da nosa parte", promete.

Espera un partido no que "temos que correr máis en defensa. Eu tamén vou correr e axudar máis aos meus compañeiros en defensa".

Dada a entidade do rival, o internacional turco daría por bo un empate, aínda que avisa que "imos dalo todo para sacar puntos".

Preguntado por Leo Messi, Çolak pensa que "é o mellor xogador do mundo, o meu ídolo". Tamén tivo palabras de agarimo para un barcelonista e compatriota, Arda Turan: "Está triste (pola súa situación no Barça). A miña opinión é que non merece isto. Merece xogar minutos porque o ano pasado fixo un bo traballo, xogou ben".

A nivel persoal, afirma sentirse "moi ben. Xoguei na Copa 90 minutos e tamén neste último partido. Sempre tiven ritmo".

Admite que lle agrada xogar con futbolistas "de calidade, que pasan o balón. Fóra do campo tamén nos levamos moi ben".

Despois do bo partido ante o CD Leganés, o pasado sábado no Estadio ABANCA-RIAZOR, Emre Çolak espera "xogar esta semana tamén. Creo que imos saír cos mesmos xogadores. Se o míster cambia a idea, está ben tamén".

A menos de dez días para #ONOSODERBI na Coruña, o centrocampista branquiazul aclara que "aínda non falamos no vestiario sobre o Celta. Pero xa estou a pensar tamén neste partido. Simplemente son dous partidos importantes".

Do derbi, conta Çolak que "para min e para os afeccionados é un partido moi importante. Máis que o derbi, os puntos son moi importantes para nós".

Máis novas de: EMRE ÇOLAK