RCD / NOVAS

Emre Çolak, no Aeroporto da Coruña: "Veño axudar ao Dépor"

31/12/2019 18:42

O primeiro reforzo do Deportivo xa está na Coruña. Ás 15:20 de hoxe martes 31 de decembro aterraba no Aeroporto da Coruña Emre Çolak, un dos futbolistas máis queridos pola bancada de ABANCA-RIAZOR.

Acompañado polo seu inseparable tradutor Batu, e cun sorriso de felicidade no rostro, o internacional turco foi recibido na terminal do aeroporto coruñés polo delegado do Club, Juan Ángel Barros Botana.

Antes de saudar a algúns afeccionados, algún moi novo ataviado mesmo cunha bandeira de Turquía, o novo atacante deportivista parouse ante os reporteiros gráficos alí presentes para pronunciar esta frase que resume o seu regreso á Coruña: "Veño axudar ao Dépor. Forza Dépor!"

Emre Çolak completará nas próximas horas o pertinente recoñecemento médico e porase a disposición de Fernando Vázquez co inicio do novo ano.

Máis novas de: EMRE ÇOLAK