RCD / NOVAS

Eneko Bóveda, novo xogador do Deportivo

22/01/2018 14:15

O biscaíño Eneko Bóveda (Bilbao, 14 de decembro de 1988) superou esta mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña e, após asinar a súa documentación, converteuse en novo  xogador do RC Deportivo polo que resta de temporada con opción de compra ata final de temporada e dúas campañas máis.

O novo defensor deportivista, que xa se adestrará mañá martes cos seus novos compañeiros en Abegondo, xoga como lateral dereito e disputou 59 partidos co Bilbao Athletic, máis dun centenar coa SD Eibar entre 2011 e 2015 e máis de medio centenar co Athletic Club desde o seu regreso ao primeiro equipo branquivermello no verán de hai dous anos e medio.

Ao finalizar o adestramento de mañá, Eneko Bóveda comparecerá ante os medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

Máis novas de: BÓVEDA