RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda na Coruña para o Pontevedra-Dépor

O Pontevedra CF puxo a disposición do Deportivismo 900 entradas, en formato físico, do Estadio de Pasarón, a un prezo de 15 euros cada unha, de cara ao partido do próximo sábado 27 de maio ás 19:30 h. (TVG-2 e Insports.tv).

Ao ser en formato físico, as 460 localidades xestionadas polo RC Deportivo venderanse, presencial e exclusivamente a persoas socias do Club, a partir do luns 15 de maio ás 10:00 h. na Oficina de Atención ao Deportivismo do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) dentro do seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. até esgotar localidades.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por carné (máximo 4 por persoa física en despacho de billetes), mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono.

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros unha cota do total, 360 entradas (40%), correspondente por convenio entre ambas as entidades. Ademais o RC Deportivo disporá 80 localidades da cota total para compromisos institucionais e comerciais.

O venres 19 ás 12:00 h. o Pontevedra CF porá na súa plataforma online entradas á venda para o público en xeral (unha vez finalizado o prazo de venda preferente para os seus socios) aos seguintes prezos: Tribuna 30€, Preferencia 25€ e fondos 20€.