RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda na Coruña para o Sporting-Dépor do domingo no Molinón

O luns 9 ás 10:00 h., nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, póñense á venda as entradas postas a disposición polo Real Sporting de Gijón para o partido da quinta xornada de LaLiga SmartBank que se disputa no Molinón o domingo 15 de setembro ás 21:00 h. (Gol).

As entradas venderanse na avenida de La Habana s/n en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, até o xoves 12 ás 13:30 horas.

O prezo das entradas é de 25 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas.