RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda na OAD, até o xoves, para o Fuenlabrada-Dépor

- Foto: @CFuenlabradaSAD -

Os afeccionados deportivistas poden comprar desde hoxe nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR as entradas postas a disposición polo CF Fuenlabrada para o partido da 14ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputará no Estadio Fernando Torres o sábado 2 de novembro ás 16:00 horas.

As entradas venderanse até o xoves 31 de outubro ás 13:30 horas.

A OAD, sita na avenida da Habana s/n, abre entre semana de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas é de 25 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas, que xestiona un bus para o desprazamento que custeará o Club.