RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Málaga do domingo 20 en ABANCA-RIAZOR

O Real Club Deportivo pon á venda o luns 14 de outubro as entradas para o décimo segundo partido de LaLiga SmartBank en ABANCA-RIAZOR, o domingo 20 de outubro ás 16:00 h. contra o Málaga CF.

O prezo das entradas oscila entre os 15 euros do fondo de Pavillón Inferior e os 40 euros da Tribuna Superior. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) a 150 euros. Para este partido, ademais, hai unha promoción especial para as diferentes Xeracións Deportivistas: os menores de 15 anos poderán dispor de entradas de calquera bancada a 5 euros e os maiores de 65 a 10 euros.

Online as entradas pode comprarse en: https://www.rcdeportivo.es/entradas

Fisicamente, os tickets estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. 

O domingo, día do propio partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).