RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Tenerife do venres 20 con entradas solidarias

O Real Club Deportivo pon á venda o xoves 12 as entradas para o encontro da 21ª xornada de LaLiga SmartBank no Estadio ABANCA-RIAZOR, o venres 20 de novembro ás 21:00 horas contra o CD Tenerife.

O prezo das entradas oscila entre os 10 euros do fondo de Pavillón e Preferencia Inferior e os 25 euros da Tribuna Superior. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) a 120 euros.

Ademais, o Dépor-Tenerife será un partido solidario contra a exclusión social dos menores en colaboración con Igaxes. A todos os afeccionados que compren unha localidade para o partido ofreceráselles unha invitación sempre que realice unha doazón para esta causa. Tamén, nos próximos días activarase unha web na que se poderán realizar doazóns. Mostrando o xustificante das mesmas nos despachos de billetes do Real Club Deportivo poderase conseguir tamén unha entrada gratuíta para este partido solidario. Ademais, o día do encontro, voluntarios da asociación debidamente identificados, realizarán un peditorio no exterior do Estadio ABANCA-RIAZOR. Por cada doazón entregarase unha invitación á persoa que realice a achega. Tamén no interior do Estadio ABANCA-RIAZOR recolleranse doazóns para aumentar as contribucións dos afeccionados branquiazuis.

Online as entradas pode comprarse en www.rcdeportivo.es/entradas.

Fisicamente, os tickets están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O venres, día do propio partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).