RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Dépor-UD Almería do domingo 6 en ABANCA-RIAZOR

30/09/2019 12:31

O Real Club Deportivo pon á venda o martes 1 de outubro as entradas para o décimo partido de LaLiga SmartBank en ABANCA-RIAZOR, o domingo 6 de outubro ás 18:30 h. contra a UD Almería.

O prezo das entradas oscila entre os 10 euros do fondo de Pavillón Inferior e os 35 euros da Tribuna Superior. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) a 120 euros.

Online as entradas pode comprarse en: https://www.rcdeportivo.es/entradas

Fisicamente, os tickets estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de martes a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. 

O venres, día do España-Acerbaixán e o domingo, día do propio partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio dos encontros de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Tamén se poden comprar de martes a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).