RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Numancia-Dépor a partir do venres 27 ás 10:00 h.

26/12/2019 19:00

Os afeccionados deportivistas poden comprar desde o venres 27 de decembro ás 10:00 horas nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR as entradas postas a disposición polo CD Numancia para o partido da 22ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputará no Estadio dos Pajaritos o domingo 5 de xaneiro ás 12:00 horas (Movistar LaLiga).

As 384 entradas venderanse até o xoves 2 de xaneiro ás 13:30 horas. A OAD, na avenida de La Habana s/n, abre entre semana de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas (excepto martes 31 e luns 1 que permanecerá pechada)

O prezo das entradas para a afección deportivista é de 25 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas, que en virtude do convenio co Club, xestionará o 40% do aforo deportivista dispoñible.