RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Unionistas-Dépor na Coruña

08/01/2020 13:45

Após recibilas hai uns minutos no Club, os afeccionados deportivistas poden comprar desde esta tarde ás 16:30 horas nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR as entradas postas a disposición polo Unionistas CF para o partido da segunda eliminatoria da Copa do Rei que se disputará no Estadio das Pistas de Salamanca o domingo 12 de xaneiro ás 12:00 horas.

As entradas venderanse até o venres 10 de xaneiro ás 13:30 horas. A OAD, na avenida de La Habana s/n, abre de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas para a afección deportivista é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas.