RCD / NOVAS

Entradas de público para o Dépor ABANCA - CD Tacón do domingo en Abegondo

24/10/2019 18:35

Para o partido do domingo ás 12:00 h. na Cidade Deportiva de Abegondo, correspondente á sétima xornada de Primeira Iberdrola entre o Deportivo ABANCA e o CD Tacón, o Real Club Deportivo pon unha cota limitada de entradas a disposición dos afeccionados e dos socios que queiran ir acompañados. Para público en xeral a 10 euros e para acompañantes de socio a 5 euros. Os socios do Deportivo poden acceder libremente ao partido ensinando o seu carné da temporada, até completar aforamento.

As entradas estarán dispoñibles o domingo, día do partido, desde as 11:00 nos despachos de billetes da propia Cidade Deportiva de Abegondo.