RCD / NOVAS

Entradas de público para o Dépor ABANCA - Rayo Vallecano do sábado en Abegondo

10/10/2019 16:15

Para o partido do sábado ás 18:00 h. na Cidade Deportiva de Abegondo, correspondente á quinta xornada de Primeira Iberdrola entre o Deportivo ABANCA e o Rayo Vallecano, o Real Club Deportivo pon a disposición dos afeccionados, e dos socios que queiran ir acompañados, 400 entradas. 200 para público en xeral a 10 euros e 200 para acompañantes de socio a 5 euros. Todos os socios do Deportivo poden acceder libremente ao partido ensinando o seu carné da temporada, até completar aforo.

As entradas están dispoñibles mañá venres na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR e o sábado, día do partido, desde as 17:00 nos despachos de billetes da propia Cidade Deportiva.