RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Esgotadas Pavillón Inferior e Preferencia Inferior para o Dépor-Málaga

Coas entradas despachadas hoxe, tanto de maneira presencial como online, son xa 3 as bancadas esgotadas para o partido do mércores: Marathón Inferior, Pavillón Inferior e Preferencia Inferior, bancadas cunha alta porcentaxe de ocupación de socios.

Para este partido, os 23.491 socios do Dépor poden facer uso do seu carné anual para acceder ao estadio, mentres que para o resto de Deportivistas ponse á venda entradas do resto das bancadas de ABANCA-RIAZOR.

As entradas están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) o martes de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas ou nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial). O mércores, día de partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes e en Marineda City.

As entradas tamén poden comprarse online aquí