RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Este é o camiño", sostén Cristóbal Parralo

Cristóbal Parralo subliñou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que "quedo co traballo, co sacrificio dos xogadores. Aínda temos cousas que mellorar, iso é obvio. Este é o camiño. A sensación de traballo, de organización creo que foi grande. Un partido moi competido, moi igualado".

Preguntado pola ovación coa que o deportivismo despediu ao equipo no descanso e ao final do encontro, o técnico deportivista opina que "a entrega e o sacrificio sempre teñen que estar presentes. Se están presentes a bancada nótao e veo. E vai a matar co seu equipo".

Pide despois desta cruel derrota "levantarse, seguir traballando, tentar coidar eses detalles que ao final fan que hoxe nos vaiamos de baleiro, cando o equipo non fixo méritos para irse de baleiro".

Pola súa banda, 'Cholo' Simeone, adestrador do Atlético de Madrid, cualifica o partido como "duro, difícil, de moitas necesidades. O equipo respondeu moi ben".

Destaca que o Deportivo "a pesar de ter un moi bo xogo, non tivo situacións de gol. Nós tampouco tivemos moitas. Pero estivemos sempre no partido. O que nos deu a posibilidade de gañalo é estar sempre no partido".