RCD / NOVAS

Este sábado 22 de xullo, novo amigable en Carballo ante o Bergantiños

20/07/2017 21:42

A sexta cita de pretemporada para o Deportivo será este sábado 22 de xullo ás 19:30 no campo das Eiroas (Carballo) ante o conxunto local, o Bergantiños, equipo que acabou na zona alta da Terceira División.

A directiva do Club carballés fixou en 5 euros o prezo da entrada para o público.

Desta forma péchase unha semana con tres partidos amigables, que dará paso a outra semana, a cuarta desta pretemporada, no que sobe a esixencia dos rivais con outros tres encontros: Pontevedra (martes 25 de xullo ás 20:00 horas), Racing de Ferrol (xoves 27 de xullo ás 20:00 horas) e Porto (domingo 30 de xullo ás 20:30 horas, -19:30 en Portugal-).

O calendario de pretemporada é o seguinte:

13 de xullo: Racing Villalbés 0 - Deportivo 2 (Óscar Pinchi e Bruno Gama)
14 de xullo: Arosa 0 - Deportivo 7 (Óscar Pinchi, Aarón, Arribas -2-, Bruno Gama -2- e Borges)
15 de xullo: Silva 0 - Deportivo 5 (Óscar Pinchi, Andone, Pedro -2- e Celso Borges)
18 de xullo: Cerceda 0 - Deportivo 1 (Bicho)
20 de xullo: Somozas 1 - Deportivo 6 (Albentosa, Luisinho, Fede Valverde, Borges, Andone e Carles Gil)
22 de xullo, 19:30 horas: Bergantiños - Deportivo (As Eiroas, Carballo)
25 de xullo, 20:00 horas: Pontevedra - Deportivo (Pasarón, Pontevedra)
27 de xullo, 20:00 horas: Racing de Ferrol - Deportivo (A Malata, Ferrol)
30 de xullo, 20:30 horas -19:30 en Portugal-: FC Porto - Deportivo (O Dragão, Porto)
3 de agosto: Real Oviedo - Deportivo (Carlos Tartiere, Oviedo)
5 de agosto: Deportivo - West Bromwich Albion (Estadio ABANCA-RIAZOR)
12 de agosto: Tenerife - Deportivo (Los Cuartos, La Orotava)