RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Este xoves inaugúrase a pena Verín Pablo Amo

Este xoves ás 20:30 horas na Cafetaría Agarimo de Verín (sita na Avenida Luís Espada) terá lugar a inauguración oficial da Pena Deportivista Verín Pablo Amo. Ao acto está previsto que asista o central madrileño, que estará acompañado por varios compañe

Ademais do central madrileño, os xogadores do actual persoal que dan o seu nome a penas deportivistas son: Aguante Duscher, Capdevila, César, Dani Mallo, Gustavo Munúa - O Recuncho do Charrúa, Manuel Pablo, Mauro Silva, Que Salga Luque, Rifle Pandiani, Scaloni-Cartoon, Tristán e Bel-Amy, Valerón e Víctor. O capitán Fran leva a palma, e dá o seu nome a catro penas: Fran, Fran de Xenebra, Fran-Tasía e Irmáns González Pérez.
Entre os ex xogadores, dan o seu nome a penas deportivistas: Aldana, Alfredo, Bebeto, Beci, Donato-Bergantiños, Donato, Claudio, Deus-Imperátor, Djukic, Abreu, Makaay, Naybet, Orquestra Canaro, Turu Flores, Xaco e Xanetas, esta última alcume do mítico Juan Acuña. E entre os membros do club, tamén están a pena Doutor Cobián e a Pena Deportivista Barritos.