RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio, Cavaleiro e Lucas, felices en zona mixta

  Os xogadores do Deportivo que compareceron ante os medios en zona mixta, Fabricio, Cavaleiro e Lucas, non puideron ocultar a súa gran felicidade tras o triunfo ante o Eibar por 2-0 pero conscientes de que non se pode desbordar a euforia.

Para Fabricio: "fixemos un gran traballo, o resultado é xusto. Son tres puntos importantes, conseguir dúas vitorias seguidas que non conseguiramos e brindarlle este triunfo á afección e coller máis confianza e máis moral. Iso si, non estamos eufóricos, sabemos que isto vai ser longo e duro ata o final".

 
"Estamos contentos co tres puntos, agora que dar continuidade ao traballo para seguir gañando e conseguir mellores resultados. Vexo un equipo máis confiado nos partidos, máis unido, espero que manteñamos este nivel e comunicación no campo", asegurou Cavaleiro.
 
Lucas mostrou a súa felicidade polo momento do equipo e os dous triunfos: "é a primeira vez que o logramos e estamos moi contentos. Estar fóra dos postos de descenso é importante animicamente e estamos contentos por iso, agora que vén o Madrid e logo o derbi".
 
A nivel persoal Lucas afirma que: "neste momento estou ben, non teño dor e vou collendo a forma física para estar ao cento por cento e o mellor posible para o adestrador." Un técnico que agora ten máis onde elixir: "veñen xogadores para sumar, agora os adestramentos están a ser máis intensos, hai máis competencia, os reforzos foron bos".