RCD / NOVAS

Fabricio: Nin me expoño un descenso. Esa palabra non pode entrar neste vestiario

Fabricio compareció en rolda de prensa esta mañana en Abegondo. Dejó claro que "para todos nós competir en Primeira é o más alto que podemos xogar. E facelo co Deportivo é moito mellor aún. Eu nin me expoño un descenso. Esa palabra non pode entrar neste vestiario. Asústame, aterrorízame a idea dun descenso. Ata me dá medo pronunciala. Temos claro cal é o noso obxectivo e non podemos chegar a tal caso".

11/03/2015 21:18

Do partido deste venres 13 de marzo en Mestalla (20.45, Gol T e Canle + Liga), Fabricio subliña que "temos que facer un partido perfecto para sacar un resultado positivo". Da Valencia, di que "é un grandísimo rival, que vai crecer moito durante estes próximos anos. Investiron moito nese club. Apostaron por grandes xogadores e vai ir crecendo co paso do tempo. Será un dos próximos firmes candidatos a gañar o título de Liga".

Cre que o outro día ante o Sevilla, o equipo "concedeu moitas facilidades. Igual lanzámonos demasiado a buscar o empate ante un rival que nos esperou máis atrás cando meteu o segundo gol. Ten xogadores rápidos e desequilibrantes polas bandas. E fixéronnos moito dano. Igual nos descolocamos, fómonos demasiado arriba e pecamos de éso. Igual de ter un pouco máis de tranquilidade e de ser un equipo máis equilibrado".

De face ao futuro, Fabricio pide ser "máis compactos. O outro día estivemos máis desorganizados, máis descolocados. E custounos o partido".

Sobre a súa continuidade no Deportivo, o porteiro branquiazul lembra que está "moi contento aquí. Esta é a miña casa. A partir de que nos salvemos, á hora seguinte estamos sentados para reunirnos e falar do importante que sería para min poder estar aquí. Pero todo pasa por salvarnos. Agora mesmo ningún de nós pode pensar no aspecto individual cando nos estamos xogando a vida, coa corda no pescozo para lograr o noso obxectivo que é a salvación".

Máis novas de: FABRI

RCD / Noticias Relacionadas

05/07/2016 12:59 |

Fabricio: ''Voume coa satisfacción de que o dei todo. É o momento dun novo reto''

Un Fabricio profundamente emocionado se despidió esta mañana en Riazor do Dépor e da Coruña. O Real Club Deportivo quere agradecerlle todos estes añvos de traballo no Club, desde as categorías inferiores ao primeiro equipo, demostrando as súas cualidades profesionais e persoais durante todo este tempo; á vez que desexarlle moitos éxitos na súa nova etapa futbolística.

24/05/2016 10:59 |

Fabricio e Lux reciben a alta médica

  Vos Servizos Médicos do RC Deportivo deron lestes días a alta médica aos gardarredes Fabricio Agosto e Poroto Lux. Por conseguinte, ambos vos futbolistas áchanse de vacacións, mais aptos para iniciaren a pretemporada próxima adestrando con normalidade.

18/01/2016 16:31 |

Fabricio pasou hoxe luns revisión rutineira en Barcelona

  Fabricio Agosto, acompañado polo doutor Carlos Lariñou, se desplazó hoxe luns 18 de xaneiro a Barcelona para pasar revisión rutineira polo Dr. Cugat da intervención quirúrgica no seu xeonllo dereito o pasado 4 de decembro. Os médicos constataron que o proceso de recuperación da meta deportivista marcha según os prazos previstos e sen contratempos.