RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fabril, Xuvenil A e Xuvenil B volven mañá sábado 2 de xaneiro aos adestramentos

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA retoman mañá sábado 2 de xaneiro os adestramentos: Fabril, Xuvenil A e Xuvenil B. Todos eles saltarán ao céspede da Cidade Deportiva a partir das 17:00 horas.

Os demais equipos tómanse uns días máis de vacacións con motivo das festas do Nadal.

A actividade competitiva regresa para os diferentes equipos que están xa en competición a fin de semana do 9 e 10 de xaneiro.

Así pois, as datas de volta aos adestramentos en Abegondo son as seguintes:

Fabril: Sábado 2 de xaneiro ás 17:00
Deportivo ABANCA B: Luns 4 de xaneiro ás 10:00
Xuvenil A: Sábado 2 de xaneiro ás 17:00
Xuvenil B: Sábado 2 de xaneiro ás 17:00
Cadete A: Luns 4 de xaneiro ás 10:00
Cadete B: Martes 5 de xaneiro ás 10:00

Os demais equipos de #ANOSACANTEIRA iniciarán a súa actividade a partir do 10 de xaneiro.

Arranque das competicións para cadetes, infantís, alevíns e benxamíns

A Real Federación Galega de Fútbol anunciou o inicio das competicións para o Cadete A, Cadete B e Infantil A.

Iso si, segundo lembra o ente autonómico, o regreso aos terreos de xogo estará sempre supeditado ás condicións sanitarias.

As datas definitivas até o momento son as seguintes:

-Cadete A (División de Honra): 31 de xaneiro
-Cadete B (Liga Galega): 31 de xaneiro
-Infantil A (Liga Galega): 31 de xaneiro

As demais datas que barallan os responsables federativos son as seguintes:

-Infantil B (Primeira Autonómica): segunda quincena de febreiro
-Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B (competicións de fútbol 8): finais de febreiro

Os futbolistas de #ANOSACANTEIRA do Cadete Á o Benxamín B non terán que pasar test serolóxicos, antíxenos ou similares; pero por contra si será necesario o uso de máscara para os adestramentos e a competición.