RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fayçal e Arribas valoran de modo positivo o punto sumado

Fayçal Fajr e Arribas atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio de Riazor.

Fayçal apuntou que o Dépor "fíxoo todo para poder gañar hoxe. Ao final, cando marcas nos últimos minutos dun partido e empatas, dáche algo máis. Estás contento". Nesta liña, subliña que "ao final sacamos un punto e iso é o máis importante. Hai que seguir".

Preguntado sobre a xogada do penalti sobre Celso Borges, Fayçal manifestou que "non che podo dicir se é penalti ou non. Todos os penaltis que non nos pitaron desde o principio do ano, pítannos agora dous seguidos. É penalti, nada máis".

Pola súa banda, Alejandro Arribas cre que "con confianza todos somos mellores. Garitano non tivo sorte porque o equipo xogaba ben e non conseguía eses resultados. Pepe (Mel) o único que fixo é dicirnos que somos bos e que temos un gran equipo para estar máis arriba".

En opinión do central deportivista, "a segunda parte foi totalmente do Deportivo. Metéronnos un gol de rebote e tiveron outra de Ceballos pero co equipo xa botado cara arriba. O equipo traballou ben. O máis importante é que se repuxo dese gol, seguiuno tentando e en ningún momento mereceu perder".

Do penalti a Borges, Arribas foi rotundo: "Foi penalti. Para min é penalti. Non o vin ben pero creo que foi penalti. No vestiario todo o mundo dixo que foi penalti claro, que (o defensor bético) non ha ido a disputar o balón, senón a chocar".