RCD / NOVAS

Fayçal Fajr, de descanso ata o luns

31/01/2017 13:06

A Dirección Deportiva do Club, de acordo co corpo técnico, concedeu a Fayçal permiso ata o vindeiro luns 6 de febreiro, día no que terá que presentarse en Abegondo para retomar os adestramentos co Deportivo.

O internacional marroquí chega esta noite a Casablanca procedente de Gabón, onde disputou este mes de xaneiro a Copa de África.

O atacante do Dépor foi titular ante Exipto (cuartos de final) e ante Togo e Costa do Marfil (ambos na Primeira Fase). No choque inaugural ante Congo, Fayçal xogou os últimos 17 minutos.

Máis novas de: FAYÇAL