RCD / NOVAS

Fayçal xógase mañá o pase a cuartos de final da Copa de África

23/01/2017 12:10

- Foto: www.frmf.ma -

Mañá martes 24 de xaneiro ás 20:00 (hora local), no Stade d'Oyem en Oyem, a selección marroquina, co deportivista Fayçal, enfróntase a Costa de Marfil no choque decisivo para saber que seleccións deste grupo ocupan os dous primeiros postos e acceden a cuartos de final da Copa de África Gabón 2017.

Marrocos caeu no primeiro partido ante o Congo (1-0) e impúxose a Togo no segundo (3-1). En ambos participou Fayçal: foi suplente e xogou 17 minutos no primeiro; e de titular o segundo, con 81 minutos sobre o céspede.

O calendario de Marrocos é o seguinte:

Luns 16 de xaneiro
CONGO 1 - MARROCOS 0

Venres 20 de xaneiro
MARROCOS 3 - TOGO 1

Martes 24 de xaneiro
20:00: MARROCOS - COSTA DE MARFIL

Máis novas de: FAYÇAL