RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Cartabia será operado a próxima semana

O xogador do Real Club Deportivo, Fede Cartabia, padece un cadro pubálxico secundario a unha hernia de futbolista da parede abdominal esquerda, polo que os Servizos Médicos do Club decidiron proceder a realizar unha intervención cirúrxica para resolver o defecto da parede e permitirlle retomar a práctica do fútbol co seu nivel habitual nas mellores condicións.

A intervención, vía laparoscopica, será realizada en Porto polo Dr. Carlos Magalhaes a próxima semana.