RCD / NOVAS

Fede Cartabia, sobre a afección: "Quéreme demasiado para o pouco que fixen acá"

21/01/2019 20:27

Fede Cartabia compareceu hoxe luns ante os medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

O atacante arxentino, preguntado pola ovación coa que lle despediu onte do campo a bancada de ABANCA-RIAZOR, subliñou que "me queren demasiado para o pouco que fixen acá. Agradézollo e espero poder ser importante. Quedeime para iso, para crecer acá e volver onde merecemos. Non vai ser fácil, o camiño é moi longo. Agora empeza o máis lindo".

Asegura que o agarimo do deportivismo non lle responsabiliza máis: "Responsabilidade temos todos igual. Vestimos a mesma camiseta. O que me fai sentir é coma se estivese na miña casa. Iso para un xogador profesional é moi importante de cara á confianza que che teñen depositada".

Opina que o triunfo onte ante o Albacete Balompié valeu "para seguir confiando no noso. Viñamos dun par de resultados aos que non estamos afeitos. Levamos unha camiseta dun Club importante e estamos obrigados a gañar en todas as canchas".

Nesta liña, recalca que esta vitoria "nos ten que servir para seguir mellorando, crecendo, e para o partido da fin de semana, que é un bonito partido", en referencia á visita ao Sporting de Gijón, prevista para o domingo 27 de xaneiro (18:00 horas, Movistar Partidazo) en El Molinón.

Conta que a semana pasada, despois da derrota en Mallorca, "serviu para ver o tipo de grupo que somos, de persoas que hai aí dentro. Serviunos a moitos para desafogarnos, para axudarnos. Ao final o máis importante, que se viu na cancha, é que melloramos no que fallaramos. E iso é o máis importante nun grupo cando as cousas non van ben, que esteamos todos xuntos, que apertemos e miremos todos para o mesmo lado".

A nivel persoal, Fede Cartabia está "contento porque volvín xogar, porque se gañou e tamén porque volvín marcar un gol importante para min, para seguir crecendo e que me dea confianza para os próximos partidos".

Asegura estar perfectamente a nivel físico: "Todo ben. Estou a regularme. Cando síntome un pouco máis canso do normal intento avisar e así poder non recaer nas lesións".

Máis novas de: CARTABIA