RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Valverde, xogador Estrella Galicia do mes de outubro

Os afeccionados do Real Club Deportivo elixiron a Fede Valverde como Xogador Estrela Galicia do mes de outubro. O centrocampista uruguaio leva este trofeo polo que competía cos seus compañeiros Fede Cartabia e Celso Borges. De entre esta terna proposta polos xornalistas que habitualmente cobren a información do Deportivo os deportivistas apoiaron a Fede Valverde cun 52% dos votos (Fede Cartabia 27% e Borges 21%) entre un total de 6.262 en Twitter. Na páxina de Facebook do Real Club Deportivo, o apoio maioritario foi para Borges (261 votos, 58,8%), seguido de Fede Cartabia (126 votos, 28,4%) e Fede Valverde (57 votos, 12,8%).

Os afeccionados debían elixir ao mellor xogador dun mes no que o Dépor enfrontouse a Eibar, Girona e Las Palmas en dúas ocasións, unha en Liga e outra en Copa do Rei. O 17 branquiazul foi para #anosaforza o mellor na súa temporada de debut na máxima categoría, na que acumula 706 minutos en LaLiga con 10 partidos xogados (8 deles como titular) que lle levaron a ser convocado por primeira vez coa selección absoluta do seu país.

Os responsables da cervecería Sampaio, Eduardo Barba e Maximino Calviño, foron os encargados de entregar o galardón ao internacional uruguaio na Cidade Deportiva de Abegondo.

Fede Valverde sucede deste xeito a Luisinho (setembro) como Xogador Estrela Galicia 2017-2018 no RC Deportivo.