RCD / NOVAS

Fernando Navarro e Florin Andone ven o futuro en branquiazul

20/05/2017 22:22

Fernando Navarro e Florin Andone pasáronse pola zona mixta do Estadio de Riazor.

O lateral deportivista confirma que estará en Abegondo o próximo 5 de de xullo: "A miña familia está moi contenta aquí, estou contento no Club. Teño un ano máis de contrato e todo parece abocado a seguir un ano". O campión de Europa, cunha dilatada traxectoria en Primeira División, vese con forzas para seguir nunha das ligas máis competitivas do mundo: "Xogando 26 partidos de titular, creo que son bos números", engade.

Destaca ademais Fernando Navarro que "temos a gran sorte de contar cunha afección excepcional. Cada partido son 20.000 persoas, vaian como vaian as cousas. A realidade é que non fixemos unha boa temporada e polo menos hoxe conseguimos a vitoria. Tanto os meus compañeiros como eu agradecemos o apoio. Non é un momento fácil para os xogadores, para a Directiva e para o Club. Sempre que se ve que a afección apoia neste momento complicado, agradécese moito".

Pola súa banda, Florin Andone, pichichi do Deportivo esta temporada con 12 goles, ponse un "seis e medio" de nota, a mesma que para o resto do equipo.

O internacional romanés confesa que, tras pasar uns momentos difíciles, "o mellor é estar todos unidos. Todos queremos o ben do Deportivo, somos os que somos".

Asegura que "o demos todo, desde o primeiro minuto ata hoxe. Pedirlles perdón (aos afeccionados) se se sentiron ofendidos e se non gozaron demasiado co noso xogo, cos nosos puntos. Agradecer a xente que estivo ao noso lado e pensar no ano que vén, que seguro que será máis bonito, con moita ilusión".

Respecto do seu futuro, Andone vese na Coruña "se o Dépor quéreme. Quédanme catro anos máis de contrato. Aínda non falei nada con ninguén, nin teño que falar nada, porque me asinaron para cinco temporadas. Non creo que vaia a saír. Non sei onde poida ir, mellor que aquí nada. Síntome ben aquí, coma se fose a miña casa. Aos poucos a xente foi confiando en min. Creo que ao final tampouco saíu tan mal. Espero que a temporada que vén teña obxectivos maiores aquí, meter máis goles, xogar mellor, mellorar cousas que me faltan e axudar ao equipo todo o que poida".

Máis novas de: FERNANDO NAVARRO, ANDONE

RCD / Noticias Relacionadas