RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez espreme os campos de Abegondo

Fernando Vázquez espreme Abegondo ao utilizar 3 dos 7 campos de fútbol 11 e 2 dos 6 de fútbol 7 nas modélicas instalacións do Real Club Deportivo, sempre baixo a supervisión do protocolo de LaLiga.

Hoxe martes, en dúas quendas de futbolistas (9:30 e 11:00), os xogadores branquiazuis, en todo momento de maneira individual, arrincaron como é habitual cun quecemento no campo 1, continuaron cun circuíto de forza nun dos campos de fútbol 7, pasáronse polo campo 2 para unha serie de tarefas de técnica con balón, e finalizaron no campo 3 con progresións.

Namentres, Yván Castelo, técnico de porteiros, adestrou con Dani Giménez, Jovanović e Alberto, cada un por separado, noutro dos campos de fútbol 7.

Mañá mércores o equipo seguirá coa súa rutina diaria. Ás 9:30 adestrarase un grupo de futbolistas e ás 11:00 o segundo, polo momento de forma individual.