Fernando Vázquez apuntou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que mañá domingo 5 de xaneiro no Estadio Los Pajaritos de Soria (12:00 horas, Movistar LaLiga) ante o CD Numancia "imos co mesmo equipo que tiñamos. Imos empezar unha liga nova, unha volta nova, de cero. E imos ver se somos capaces de conseguir eses puntos. Botas contas, xa lles expliquei aos xogadores o que tiñamos que facer. Dáche cantos partidos podes perder..."
O técnico deportivista advirte que "se o miramos desde o inicio de temporada, sen información anterior, pódese facer. Podemos estar contaminados, hai certa desconfianza ante un grupo que fixo o que fixo na primeira volta. Se o miras desde esta perspectiva igual velo algo decepcionado e desilusionado. Imos miralo coma se o partido de Numancia fose o primeira partido da temporada. Unha final. 21 finais expostas de forma diferente, de forma individual".
Ademais, lembra que "por moito que vise ao Dépor e a outros equipos, necesito coñecer ben aos rapaces, saber como podemos xogar, como poderiamos ser máis fortes. Imos ao primeiro partido de liga. A primeira volta non existe".
Asegura que o vestiario forma un grupo "fácil de dirixir. Déixase adestrar con relativa facilidade. Pretendo subir un pouco a intensidade do grupo. Se están en 6 levalos a 7 e se están en 7, a 8. E despois as armas tácticas para non ser vulnerable e gañar partidos. Necesitamos gañar partidos. Pero tamén podemos perder partidos. Perder en Soria ou gañar en Soria nada cambia desde o meu punto de vista".
Fernando Vázquez admite que, após o triunfo en Ilueca en Copa e en ABANCA-RIAZOR ante o CD Tenerife, "collín ao equipo nun inicio de onda un pouco ascendente. Estaban a saír un pouco. Neste sentido tiven un pouco de sorte".
O adestrador branquiazul quere que "o Deportivo se mostre invulnerable. Iso conseguímolo o ano do ascenso. O Deportivo sabía que era un equipo difícil de bater, especialmente na primeira volta. Despois na segunda volta cambiamos un pouco a forma de xogar. Aquel equipo era unha especie de roca. E había xogadores de calidade. Imos a Huelva e ganas en Huelva. Vas ás Palmas e ganas nas Palmas. Vas a Alacante e ganas ao Hércules. Vas a Barcelona e ganas en Barcelona. Vas a Madrid e ganas en Madrid. En primeiro lugar porque o equipo rival non te derrota. Quero a un Deportivo que no aspecto defensivo sexa un boxeador ao que non lle poden tocar nin o nariz. Quizais ti non dás ningún golpe, pero o contrario tampouco, non che fai dano, non tira a portería. O equipo rival impaciéntase e que o meu equipo teña a capacidade suficiente de aguantar, aguantar, aguantar".
Ademais, razoa que "se ti ves estatísticas dos últimos equipos que ascenderon, que xogaron play off, para ascender a Primeira División tes que marcar 60 goles. Goles en contra, 30. Se marcas 70 goles podes recibir 35. Agora fai contas do que necesitamos nós".
