RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez pide aos afeccionados que "estean tranquilos. Hai que confiar. Hai que confiar tamén que podes fallar"

Fernando Vázquez aclarou en rolda de prensa respecto da convocatoria de Claudio Beauvue após 1 adestramento que "noutra situación diferente me autoesixiría ver ao futbolista con máis atención, con máis tempo. Pero nestes momentos de súper emerxencia hai que asumir riscos, e ímolos a asumir".

O técnico deportivista sostén que o pasado xoves ante o Real Racing Club "gañamos o partido máis importante desta dupleta. Gañamos os 3 puntos, eles non sumaron, gañamos golaverage que era o importante. Se fas unha media, tanto de 2 partidos 4 puntos ou 3 partidos 7 puntos, as 2 dan para salvarse. Aquí non houbo maxia de ningún tipo. Hai que contemplar sempre onde estamos, hai que contemplar sempre a posibilidade de perder, porque imos perder. A derrota forma parte da competición. Pero está claro que o espírito do equipo, ademais coas novas incorporacións, dan ese empuxe que hai que saber ver".

Advirte neste sentido que "gañamos en Numancia, gañamos o outro día e todo parece máis fácil. Pero no camiño pode haber trampas onde menos esperas. Temos que facer 36 puntos na segunda volta. Eu miro a miña clasificación. Teño unha clasificación en casa e miro en que posición vai o Deportivo nesta segunda volta. E así llo digo aos xogadores para que a primeira volta non conte.

Do Cádiz CF, rival mañá domingo 19 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos), resalta o seu inicio, "cunha animalada de puntos de vantaxe. E de súpeto tes unha pequena crise. Non está a ter demasiada sorte nos últimos minutos de partido. A min gústame, gústame como afrontou a competición desde o inicio. Pero a Segunda División é súper longa, súper complicada, súper igualada e gañar partidos é moi difícil; incluído o Cádiz, que van de líderes ou precisamente porque van de líderes. A nós pasounos (a temporada do ascenso), que tivemos un momento dubitativo na segunda volta".

Asume a súa condición de ídolo do deportivismo con naturalidade: "Gústame implicar á afección dentro do proxecto da segunda volta. Estou encantado. Satisfaime en grao sumo. Non son ningún mago. Se cadra estamos a ter un pouco de sorte. Agrádame a situación e non teño ningún problema. É un traballo que me corresponde facer polo Club".

Tenta dicirlles aos afeccionados cada vez que sae de ABANCA-RIAZOR entre multitudes que "hai que estar tranquilos. Hai que confiar. Hai que confiar tamén en que podes fallar. A pesar diso segues aí, segues aí, segues aí".