RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez pide aos Reis Magos "salvar ao Dépor" e que ao deportivismo "éntrenlle esas ganas de axudarnos"

Fernando Vázquez apuntou na sala de prensa do Estadio Los Pajaritos de Soria que "na nosa situación necesitamos á xente. E a min gustaríame que a xente estivese en ABANCA-RIAZOR até o final".

O técnico deportivista indica que "isto é como xogar un campionato do mundo, ou mellor un gran slam de tenis, e no canto de ser a 7 partidos, temos que gañar 12 partidos. Agora quédannos 11. É partido a partido. Esquecémonos da primeira volta, esquecémonos da liga, e temos que gañar tantos partidos. Podemos perder 9 partidos. Que pase o seguinte. Así imos funcionar ata que matematicamente as contas nos dean. O público é o máis importante que temos e gustaríame que o próximo partido demostrase ao seu equipo que vai axudar a salvarse".

Do encontro, destaca a "solidez defensiva" do Dépor, que é "clave. O xogo do fútbol é unha moeda de dobre cara. Ás veces son intercambiables ataque e defensa. Ti tes que valorar cal é o teu forte, a túa identidade e a partir de aí con que cara queres xogar. Nós temos que xogar un pouco esta baza: pouquiño a pouco a base de ser sólidos, tranquilos, ter calma e mellorar un pouco tamén o aspecto ofensivo".

Conta que após o descanso, e a ante un rival con 10 xogadores, "decidimos en principio seguir igual, quizáis durante uns segundos facendo presión alta para ver se recuperabamos, pero iamos ir atrás. E a partir do minuto 70 ou 75 se non tivésemos o partido gañado arriscariamos. Non nos fixo falta e seguimos en modo estándar".

Preguntado polo cambio de sistema, con 3 centrais, Fernando Vázquez explica que "o asentaremos, traballarémolo, terémolo e utilizarémolo non sei cando. Imos xogar cada partido coma se fose un diferente. Xogas contra este, xogas contra aquel... Quizais nós adaptémonos un pouco porque quizais non sexamos capaces de impor as nosas calidades en ataque e quizais nos teñamos que facer forte noutro aspecto. E con iso iremos xogando".

Engade que este sistema dos 3 centrais "é un sistema máis. Estivo ben. O rival non nos tirou a portería, ou moi pouco. Só con faltas. E os xogadores tamén se atopan cómodos porque a saída desde atrás con 3 é moi fácil, moi sinxela. É todo simple, facelo o máis simple posible".

Tamén subliñou que o equipo branquiazul "estivo ben na defensa de balóns laterais. Ao final de todo pareceume un pouco esaxerado por falta de temperanza cando tiñamos a pelota. Tiñamos claramente superioridade, un rival que se ía descompondo un pouquiño máis e poderiamos facer máis dano".

Finalmente, o adestrador branquiazul confesou que aos Reis Magos, "sentindo a responsabilidade de salvar ao equipo para que quede en Segunda División, pídolles que ao deportivismo éntrenlle esas ganas de axudarme á min, aos xogadores e ao Club a salvar esta situación. Salvar ao Deportivo é o que desexo".