RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez: Quen nos fixo gañar o partido foron os 3.000 afeccionados de hoxe en ABANCA-RIAZOR

Fernando Vázquez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "nos afectaron bastante esa tensión e eses nervios de inicio nunha categoría descoñecida para nós. Estabamos bastante tensos e con pouca fluidez".

O técnico deportivista cre que "se este partido fóra sen público quizais non gañásemos o partido. Quen nos fixo gañar o partido foron estes 3.000 afeccionados que estiveron hoxe en ABANCA-RIAZOR. A min, que estaba nunha cabina, parecíame que estaba o campo cheo. Impresionante. A primeira manifestación de #ANOSAFORZA foi incrible. Quérolle agradecer de todo corazón o apoio que nos prestaron hoxe".

Do partido, opina que "non foi espectacular por parte do Dépor. Temos que mellorar moitísimo. O equipo tense que desenvolver doutra maneira. Temos que facer un fútbol máis fluído, máis rápido porque o que nos di o Salamanca CF UDS é o tipo de partido co que nos imos a enfrontar. Fáltanos un estado de forma mellor en moitos futbolistas, fáltanos faísca, electricidade en case todos os xogadores. O potencial do equipo está por ver aínda".

Finalmente, destacou o ambiente no vestiario de ABANCA-RIAZOR após o partido: "Parecía que gañásemos unha final. O equipo soltou amarras no vestiario, estaba moi contento, moi feliz. Temos un grupo extraordinario, un grupo que se relaciona de forma perfecta entre todos os seus compoñentes. Esa cualidade ímola a ter sempre. Vai ser un grupo peleón, traballador. Espero que sexa invulnerable".