RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Festival de goles do Xuvenil B no seu partido ante o ED Val Miñor B

O partido correspondente á 2ª xornada da liga Nacional entre o Xuvenil B e o ED Val Miñor B disputado en Abegondo finalizou cun festival de goles branquiazuis: 8-0.

Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira foron os autores dos goles do Xuvenil B nun partido de clara cor branquiazul.

Con este resultado, o Xuvenil B suma seis puntos de seis posibles e empolícase na zona alta da clasificación.

Xuvenil B: Lemos, Mardones, Gabri, Rubén, Nico, Carreira, Álex Delgado, Pedro, Kevin, Montero e Ogando. Tamén xogaron: Hugo, David López, Lombao, Domínguez e Marco Baña.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visitará ao Porriño Industrial FC.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado)
Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0