RCD / NOVAS

Gaku foi titular no triunfo de hoxe xoves de Xapón sobre Paraguai

05/09/2019 21:00

Gaku Shibasaki está concentrado coa selección de Xapón para dous partidos internacionais.

A selección nipoa impúxose (2-0) nun amigable a Paraguai hoxe xoves 5 de setembro, coa Kirin Challenge Cup en xogo. O choque disputouse no Kashima Soccer Stadium.

O centrocampista do Dépor foi titular e foi relevado no minuto 76 por Ko Itakura.

O martes 10, Xapón visita a Myanmar [Birmania] (18:50 hora local, 14:20 en España), no Thuwunna Stadium de Rangún, con motivo da segunda rolda de clasificación para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia China 2023.

Así pois, Gaku pérdese o partido de liga ante o Albacete, deste sábado 7 de setembro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas).

Máis novas de: GAKU SHIBASAKI