RCD / NOVAS

Gaku Shibasaki visita mañá martes a Myanmar en partido clasificatorio para o Mundial e a Copa de Asia

09/09/2019 19:45

O deportivista Gaku Shibasaki está concentrado coa súa selección para dous partidos internacionais. Por este motivo causou baixa no partido do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante o Albacete Balompé.

Mañá martes 10, Xapón visita a Myanmar [Birmania] (18:50 hora local, 14:20 en España), no Thuwunna Stadium de Rangún, con motivo da segunda rolda de clasificación para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia China 2023.  

A selección nipoa impúxose (2-0) nun amigable a Paraguai o pasado xoves 5 de setembro, coa Kirin Challenge Cup en xogo. O choque disputouse no Kashima Soccer Stadium.

O centrocampista do Dépor foi titular e foi relevado no minuto 76 por Ko Itakura.

O futbolista branquiazul ten previsto chegar á Coruña o xoves 12 de setembro á primeira hora da mañá. 

Máis novas de: GAKU SHIBASAKI