Gardado, Coloccini e Aouate, citados polas súas seleccións
Os deportivistas Andrés Gardado, Dudu Aouate e Fabricio Coloccini foron convocados para dous partidos coas súas respectivas seleccións, México, Israel e Arxentina, a próxima semana.
canaldeportivo, A Coruña03/10/2007 12:36
Así, o Combinado Mexicano medirase en dous amigables a Nixeria en Cidade Juárez (México) o vindeiro domingo 14 de outubro e a Guatemala o mércores 17 de outubro en Los Ángeles (Estados Unidos). O futbolista terá que incorporarse á concentración do equipo que prepara Hugo Sánchez o luns 8 de outubro, tras o partido do Deportivo en Sevilla.
Pola súa banda, Israel, con Dudu Aouate como unha das súas estrelas, se
enfrontará o sábado 13 de outubro a Croacia en partido clasificatorio para a Eurocopa de 2008 e a Bielorrusia o mércores 17 en Israel nun choque amigable.
Por fin, Coloccini medirase con Arxentina a Chile en Buenos Aires o vindeiro sábado 13 de outubro e a Venezuela en Maracaibo o martes 16. Ambos os encontros son clasificatorios para o Mundial 2010 de Sudáfrica.
A peña internacional Deportivo-a-coruna.com elixiu a Andrés Gardado como mellor futbolista da tempada 2011-12. "O mexicano impresionó aos nosos peñistas debito ás súas cualidades ofensivas e a súa profesionalidade para coa causa, que non foi outra que o ascenso a Primeira", recoñece Carlos Abrego, secretario desta particular agrupación.
Así mesmo, Juan Domínguez foi elixido mellor xogador novo; e Bruno Gama a mellor fichaxe.
Andrés Gardado viaxa hoxe martes 29 de maio á concentración da Selección Mexicana. O centrocampista do Dépor, con permiso dos técnicos, non participó nas celebracións polo título de Liga pero se incorporó á cea no Restaurante Á Brasa.
O Club recibió onte venres a última hora unha petición da Federación Mexicana de fútbol para que Andrés Gardado dispute varios partidos amigables en Estados Unidos preparatorios para as eliminatorias mundialistas do mes de xuño. Os dous primeiros partidos son fóra de datas oficiais FIFA.