
DÉPOR ABANCA · 9 XULLO 2025
COLETTE CAVANAGH, NOVA XOGADORA DO DÉPOR ABANCA
Colette Cavanagh (Glasgow, Escocia, 24 de novembro de 1998) súmase ao Dépor ABANCA até xuño de 2027 a expensas da pasar as probas médicas pertinentes.Esta defensa lateral esquerdo que se caracteriza pola súa polivalencia procede do Celtic de Glasgow, club no que militou as dúas últimas temporadas.A campaña pasada (2024-25) xogou un total de 30 partidos na liga escocesa, con 1 gol e 4 asistencias; e 4 encontros na Champions League.No seu primeiro ano (2023-24) no Celtic, participou en 31 choques con 5 goles e 4 asistencias.A nova xogadora deportivista vestiu tamén a camiseta doutros dous grandes clubs de Escocia: Glasgow Rangers na temporada 2022-23 con 12 partidos e 6 goles; e Hibernian, de 2019 a 2022.Colette Cavanagh é ademais internacional escocesa sub-15 e sub-16.A xa xogadora do Dépor ABANCA é o sétimo reforzo de As Nosas confirmado esta temporada após a fichaxe de Olaya Rodríguez, Merle Barth, Esperanza Pizarro e Sara Extremera; máis a continuidade da internacional portuguesa Inês Pereira e da internacional española Marina Artero.

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...