RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Grupo Clínica O Burgo inicia a xestión da DéporClínica

O Real Club Deportivo e Grupo Clínica O Burgo chegaron a un acordo para que a empresa con sedes en Arteixo, Carballo, O Burgo e A Coruña, sexa a xestora da DéporClínica.

Co arranque do mes de maio, Grupo Clínica O Burgo comeza coa súa actividade á fronte da DéporClínica, que continúa ao servizo de todos os coruñeses nas instalacións da rúa Manuel Murguía, 14, enfronte da Tribuna do Estadio ABANCA-RIAZOR en horario de luns a venres de 09:30 a 13:00 e de 16:00 a 20:30 h. O teléfono de información e para pedir citas continúa sendo o 981 14 81 05.

O modelo de negocio será a xestión dos servizos de fisioterapia dos equipos do Club e a potenciación da actividade da DeporClínica coa creación dunha clínica especializada en traumatoloxía do deporte cun equipo multidisciplinar de profesionais: médicos do deporte, traumatólogo, médico rehabilitador, fisioterapeutas, readaptador, nutricionista e podólogo.

A DéporClínica está aberta a todas as disciplinas deportivas, a deportistas de todos os niveis e aos cidadáns en xeral que desexen recibir a mellor atención e tratamento por parte dos profesionais do Deportivo.

O presidente do Real Club Deportivo, Antonio Couceiro, visitou as remocicadas instalacións da DéporClínica da man dos directores do Grupo Clínica O Burgo, José Antonio Ares e Juan Carlos Taboada.