RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guilherme: Confío en min, nos meus compañeiros, nas persoas que traballan para o Deportivo, para saír desta situación

Guilherme compareceu na sala de prensa de Abegondo. Recoñece que o equipo está "a pasar un momento difícil, que non está a haber vitorias. Pero estamos con pensamentos positivos para o sábado facer un bo partido e gañar. Necesitamos estes tres puntos para estar máis tranquilos".

Cre que o partido de mañá sábado 15 de abril en Riazor ante o Málaga (13:00 horas, Bein Sports) será decisivo "dependendo dos outros resultados. Temos que pensar no Deportivo, na vitoria. E non se o Granada ou o Sporting perden, se Osasuna perde. Temos que facer o noso papel, no noso obxectivo, que só depende da nosa xente".

Sobre o seu futuro, o mediocentro deportivista asegura que "o meu pensamento está posto en gañar, tentar salvarnos para despois pensar o que poida suceder. Pero a miña opinión xa todos sábena. Depende só do Deportivo. Pero aínda non falaron comigo".

Apunta que nestas últimas xornadas "infelizmente os resultados non veñen. Tivemos partidos difíciles. Fallamos contra o Granada, que tiñamos que gañar aquí. Non o conseguimos. Por detalles non o conseguimos. Xogamos contra a Valencia fóra, que era moi difícil, o Sevilla fóra, que era moi difícil. A oportunidade que tivemos en casa non fomos capaces. A culpa é nosa. Non sei porqué. Non gañamos e hai que mirar cara a adiante".

Subliña Guilherme que "confío en min, confío en todos os meus compañeiros, en todas as persoas que traballan para o Deportivo para poder saír desta situación. Creo que o sábado imos facer un gran resultado, imos respirar e dar un paso para a salvación".

En canto á afección, o brasileiro vese en débeda: "Debémoslle moito á afección. Esperamos o sábado conseguir unha gran vitoria para eles".