RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guilherme recoñece que coa chegada de Cristóbal "cambiou un pouco a actitude"

Guilherme foi o protagonista esta tarde na sala de prensa de Abegondo. Recoñece que durante o parón ligueiro os xogadores "botan en falta o partido. Toca adestrar forte para o comezo do partido do domingo", na Rosaleda ante o Málaga (12:00 horas, Bein LaLiga), da 12ª xornada da LaLiga Santander.

Apunta que o Dépor viaxará a Málaga "a pola vitoria, con todo o respecto. Se conseguimos os tres puntos vai ser moi importante no transcurso da temporada".

Preguntado pola mala serie do conxunto malacitano, que só ten 4 puntos, Guilherme cre que "é un bo equipo, somos conscientes da calidade que teñen. Temos que estar atentos e comezar alerta o partido".

Admite que eles "necesitan un bo resultado. Hai que ser intelixentes, xogar forte, facer un bo partido e seguro que temos oportunidades de sacar un resultado positivo".

Após o triunfo ligueiro nas Palmas, subliña o mediocentro brasileiro que estamos "máis confiados e crendo que se pode gañar fóra. Necesitabamos un bo xogo contra Las Palmas".

Alegrouse Guilherme do regreso de futbolistas como Fede Cartabia ou Luisinho: "Estou feliz de velos de volta, principalmente Carles (Gil), que leva moito tempo fóra".

Explica que coa chegada de Cristóbal ao banco deportivista "cambiou un pouco nosa actitude. Somos máis agresivos, estamos a xogar de modo como o Club merece xogar e seguramente imos subir máis na clasificación".

A Guilherme, o técnico deportivista pídelle "que salga un pouco máis, non estar a pensar en axudar sempre ao central. Teño que saír para marcar ao 10 deles. Que non me preocupe de axudar atrás e saír a marcar un pouco máis, sen medo, para ser máis fortes alí. Xa notamos esa diferenza nos partidos que xogamos. A min gústame porque podo saír un pouco máis e marcar un pouco máis encima".