RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Histórica vitoria do Deportivo Feminino A en Xixón (2-4)

  O Deportivo Feminino A logró un histórico triunfo en Gijón, ao imporse ao Sporting por 2-4, na segunda xornada do Grupo I de Segunda División, después dunha primeira metade primorosa que as mozas de Manu Sá

Estefi adiantou ás herculinas (min. 5), cun non menos histórico tanto, o primeiro do equipo feminino nunha competición oficial nacional. Raquel aumentou distancias ao fío da media hora (min. 29) e pouco despois (min. 33) foi Nuria quen asinou o 0-3. Cando quedaban segundos para o descanso, Tami completou a goleada (min. 44).
 
O Sporting recortou distancias no tramo final do encontro e maquillou o resultado con tantos de Eider (min. 73) e Irene (min. 88).
 
O Deportivo, na primeira vitoria da súa historia en competición oficial nacional, formou con Anita, Cris, Miriam, Raquel (Ari, min. 69), Faragulla (Patri, min. 55), Noe, Tere (Gere, min. 66), Tami, Lea (María Curral, min. 62), Estefi e Nuria. Raquel viu a cartolina amarela no minuto 59.
 
O próximo fin de semana non haberá Liga. O campionato retomarase dentro de quince días coa terceira xornada, na que o campo de Ponche dous Brozos, en Arteixo, acollerá o derbi coruñés da categoría, entre as branquiazuis e a Vitoria Cf.