RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Hoxe luns, dobre sesión de adestramento no Mundo do Fútbol

Hoxe luns, e tras a concentración tradicional de Vilalba, o Deportivo recuperou os adestramentos en 'O Mundo do Fútbol'. Esta mañá a sesión foi ás 9.30 horas e pola tarde repetirase a partir das 19.15 para evitar as horas de calor..

A desta mañá foi unha sesión suave, con moito roldo e fut-voley. Faltou José Manuel, con permiso do club por asuntos particulares.

Ao finalizar a sesión, Rubén, na sala de prensa do complexo deportivista, mostrouse "satisfeito" polo transcurso da pretemporada. "A verdade é que non me esperaba marcar tantos goles", comentou. A pesar do seu bo rendemento no Dépor, Rubén asegurou que non lle faría noxos a unha cesión. Iso si, de momento, segundo o actual pichichi da Segunda División, "ninguén me comentou nada".

Tamén Valerón ofreceu esta mañá a súa primeira rolda de prensa en 'O Mundo do Fútbol'. O canario está seguro que o adestrador ten solucións no seu persoal para buscarlle un recambio de garantías para afrontar o tres competicións.